
Mañá, xoves 24 de xuño, ás 9:20 horas Galiza Nova participará a través da Secretaria Xeral, Iria Aboi, dunha entrevista en directo para Radiofusión. Realizarase no marco do programa “Arredor de nós” e os temas a tratar serán, entre outros, a aprobación do anteproxecto da Lei de consumo de alcohol en menores e o Decreto de reforma laboral. Poderase escoitar en diferentes emisoras locais do país como as que che detallamos a continuación. Non o perdas!
- Radio Fene: sintonízase no 107.7 FM
- Radio Redondela: sintonízase no 94.9 FM
- Radio Allariz: sintonízase no 107.2 FM
- Radio Foz: sitonízase no 107.4 FM
- Radio Sada: sintonízase no 107.1 FM
- Radio Cerceda: sintonízase no 107.5 FM