Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Na defensa do río Xallas!

Nova: Na defensa do río Xallas!
25/06/2010

Galiza Nova participará o vindeiro domingo 27 de xuño dun roteiro polo río Xallas organizado pola Plataforma para a defensa do río Xallas conxuntamente con ADEGA. Partirá do Centro Cultural de Ponte Oliveira ás 11 da mañá para percorrer aproximadamente 15 quilómetros á beira do Xallas. Con esta actividade quérese poñer en valor e dar a coñecer o río Xallas, defendendoo fronte á pretensión da empresa Ferroaltántica de construír outras tres novas centrais no río o que virá a constituír unha nova agresión salvaxe ao noso entorno natural. Agardámoste!