Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Galiza Nova en defensa da sanidade pública!

Nova: Galiza Nova en defensa da sanidade pública!
25/06/2010

Galiza Nova participará da manifestación convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública na Mariña para o vindeiro sábado 26 de xuño ás 12:00 horas. Saírá do Hospital da Costa para rematar na Praza da Mariña, en Burela. Desde Galiza Nova animámoste a acudir a esta marcha coa que se quere impedir que se siga adiante coa eliminación de servizos do Hospital da Costa para trasladalos ao novo hospital de Lugo, anunciada polo PP desde a Xunta de Galiza, o que viría a supor un importante retroceso na calidade asistencial das e dos mariñáns, e nomeadamente das mozas e mozos como futuro da comarca. En defensa da sanidade pública, súmate a nós!