Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Galiza Nova co BNG reclamando a apertura ao público do Panteón de Galegos Ilustres!

Nova: Galiza Nova co BNG reclamando a apertura ao público do Panteón de Galegos Ilustres!
26/06/2010

O vindeiro luns 28 de xuño, coincidindo co aniversario do plebiscito do Estatuto do 36, Galiza Nova participará, a través da Secretaria Xeral, Iria Aboi, no acto público pola apertura do Panteón de Galegos Ilustres, organizado polo BNG. Terá lugar ás 17:00 horas en San Domingos de Bonaval e contaremos tamén coa intervención de Guillerme Vázquez, voceiro nacional do BNG. Con este acto queremos denunciar o peche do Panteón de Galegos Ilustres e reclamar a súa apertura ao público. Porque desde Galiza Nova consideramos que non pode tolerarse o peche ao público dos símbolos políticos e culturais máis relevantes da nosa nación, súmate a nós!