Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Concentración de apoio a Galiza Nova: pola liberdade de expresión, polo dereito a falarmos en galego!

Nova: Concentración de apoio a Galiza Nova: pola liberdade de expresión, polo dereito a falarmos en galego!
29/06/2010

O vindeiro xoves, día 1 de xullo, ás 10:00 horas Galiza Nova convoca unha concentración ás portas dos Xulgados novos de Vigo con motivo do acto de conciliación derivado da demanda presentada contra Galiza Nova por parte da presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago. Baixo o lema Pola liberdade de expresión, polo dereito a falarmos en galego, desde a nosa organización facemos un chamamento a acudir a esta concentración, conscientes de que esta demanda é claramente política e con ela non só se está a denunciar a Galiza Nova, senón que se está demandando aos milleiros de galegas e galegos que queremos galego e defendemos un dereito elemental para calquera pobo do mundo como é o de poder vivir na nosa lingua propia con normalidade. Pola liberdade de expresión, polo dereito a falarmos en galego! Acude!