Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Nova edición do Desconcerto en Betanzos!

Nova: Nova edición do Desconcerto en Betanzos!
05/07/2010

O vindeiro venres 16 de xullo a partir das 20:30 horas na Praza do Concello de Betanzos Galiza Nova organiza un ano máis o Desconcerto. Desta volta contaremos coa participación da rapeira Aid e coas actuacións dos grupos Quando Band, Casual Troupe, O Gruve, Funkefussión e Skarallaos. Haberá tamén unha feira de asociacións e un concurso fotográfico. Achégate a Betanzos a desfrutar con Galiza Nova da música na nosa lingua!