
Desde Galiza Nova amosamos o noso apoio ao acto convocado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) para o vindeiro xoves 15 de xullo, a partir das 16:45 horas. Así, a nosa organización participará do cortexo cívico co cal se quere lembrar o traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro desde Padrón ata Compostela, que tivo lugar o 25 de maio de 1891. Desde Galiza Nova queremos contribuír, deste xeito, á lembranza da que foi a inauguradora da literatura galega contemporánea e a primeira feminista da nosa nación, símbolo da loita polos dereitos de Galiza. Así mesmo, reclamaremos, unha vez máis, a apertura ao público do Panteón de Galegos Ilustres porque non pode tolerarse que os símbolos políticos e culturais máis relevantes da nosa nación sexan secuestrados e ocultados. Podes obter máis información deste acto aquí. Agardámoste!