
Galiza Nova na comarca de Lugo centro participou do III Torneo das Nacións. Organizado polo BNG desde a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, o torneo contou coa participación da selección galega de baloncesto, xunto coa basca, a catalana e un combinado internacional chegado desde Lituania. Desde a nosa organización aproveitamos este acto para repartir material reivindicando a oficialidade da nosa selección nacional e despregamos unha faixa na que se podía ler a lenda A nosa nación, a nosa selección, que presidiu as bancadas durante a celebración de todo o torneo.