
Desde Galiza Nova amosamos o noso rexeitamento á sentencia do Tribunal Constitucional sobre o Estatut de Catalunya, que vén a recurtar o contido dunha norma estatutaria que previamente foi avalada polas institucións catalás e polo propio pobo catalán mediante referendum. Consideramos que con esta decisión atopámonos novamente ante un Tribunal Constitucional que funciona como a arma xudicial do bipartidismo español que camiña pola senda da centralización máis caduca e antidemocrática. Neste senso, desde a nosa organización solidarizámonos co pobo catalán e coa mocidade nacionalista e apoiamos a manifestación que terá lugar mañá, sábado día 10 de xullo, desde o Passeig de Grácia barcelonés en defensa do dereito a decidir do pobo catalán e do carácter nacional de Catalunya, porque a súa loita tamén é a loita do pobo galego.
