Benvidos á paxina web de Galiza Nova

FESTIGAL 2010: Xa queda menos! Gustaríache participar?

Nova: FESTIGAL 2010: Xa queda menos! Gustaríache participar?
11/07/2010

Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre organizan un ano máis o FESTIGAL. Cunha diversificada programación que abranguerá desde actividades de carácter lúdico con concertos de diferentes grupos e estilos musicais ata a vertente máis formativa, onde haberá tempo para o debate a través de coloquios, presentación de libros... con temáticas de especial interese para as mozas e mozos. Terá lugar os vindeiros días 24 e 25 de xullo no Campus Universitario Sur de Compostela. Na web www.festigal.com atoparás toda a información referida ao FESTIGAL 2010 (como chegar, onde durmir...). Lembra que tamén nos podes axudar nas tarefas que conleva a súa organización, para isto só tes que mandar un correo electrónico ao nacional@galizanova.org. Non perdas o FESTIGAL 2010! Vémonos o 24 e 25 de xullo en Compostela!