Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Galiza Nova sortea unha cesta anticrise!

Nova: Galiza Nova sortea unha cesta anticrise!
11/07/2010

Un ano máis desde Galiza Nova estamos a vender as rifas do sorteo do día da Patria Galega. Desta volta está a sorteo unha “cesta anticrise” con diferentes produtos patrocinados por empresas galegas: viño de Valdeorras, licor café do Ribeiro, queixo da denominación de orixe Arzúa-Ulloa, amendoados de Allariz e moitos produtos máis! O sorteo realizaráse o 25 de xullo no posto de Galiza Nova no FESTIGAL 2010. Por só 1€ a rifa, non perdas a túa! Solicítanola no nacional@galizanova.org. Participa!!