
Como xa anticipamos fai días, o vindeiro xoves 15 de xullo, a partir das 16:45 horas a Asociación de escritores en lingua galega (AELG) organiza un cortexo cívico en lembranza do traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro desde Padrón ata Compostela. Desde Galiza Nova facemos un chamamento a acudir a este acto co que lembraremos a esta galega irrepetíbel que tanto contribuíu á loita polos dereitos de Galiza e a que, máis unha vez, pretenden ocultar pechando ao público o lugar onde se atopan os seus restos mortais, o Panteón de Galegos Ilustres. Podes obter máis información acerca da programación do acto aquí e, de non poderes achegarte ata Padrón, podes incorporarte ao acto en calquera das súas paradas polas diferentes prazas compostelás. Acompáñanos neste cortexo para lembrar a Rosalía e reclamar a apertura ao público do Panteón de Galegos Ilustres! Agardámoste!
