Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Homenaxe a Rosalía de Castro no Salnés!

Nova: Homenaxe a Rosalía de Castro no Salnés!
16/07/2010

A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova na comarca do Salnés vai celebrar o vindeiro domingo 18 de xuño, ás 12:30 horas, unha homenaxe reivindicativa en lembranza de Rosalía de Castro polo seu 125 cabodano, no busto de Rosalía que se atopa en Carril (Vilagarcía de Arousa). No acto contaremos coas intervencións da nosa Secretaria xeral, Iria Aboi, e de  María Villaronga, Responsábel comarcal de Galiza Nova e haberá tamén unha lectura de diferentes poemas de Rosalía de Castro. Desde a nosa organización animámoste a acudir a esta homenaxe reivindicativa para descubrir a unha Rosalía de Castro que é moito máis do que nos contaron, será un acto para desvendar a mentira masiva que se cerneu sobre ela e sobre Galiza históricamente e cuxos efectos chegan aos nosos días. Agardámoste!