
O vindeiro xoves 22 de xullo, a partir das 20:30 horas nos Xardíns de Méndez Núñez, Galiza Nova na comarca da Coruña, en colaboración co BNG, organiza a Festa da Patria 2010. Nela contaremos coas intervencións políticas de Francisco Jorquera, Xosé Manuel Carril e Águeda Rei (Responsábel Comarcal de Galiza Nova). Haberá tamén un recital a cargo de Lucía Aldao e as actuacións musicais dos grupos da comarca Magüa e 12labirinto. Non faltes!