
Arredor de 20.000 persoas ateigamos a Praza da Quintana para festexar o 25 de xullo, Día da Patria Galega. Galiza Nova estivo presente cunha das comitivas máis numerosas e animadas, portando diversas faixas entre as que destacou a cabeceira co lema Mocidade con emprego, pobo con futuro! así como outras que fixeron referencia á reivindicación do dereito de autodeterminación para Galiza ou ás figuras de Castelao e Rosalía. No seu discurso no palco, a Secretaria Xeral da nosa organización referiuse á necesidade de seguir a defendermos a nosa lingua propia e o emprego digno e na Terra para a mocidade galega, para concluír que "os únicos apóstolos que ten Galiza son Castelao, Bóveda e Rosalía." Para a nosa organización o éxito da celebración do Día da Patria sérvenos para continuar con máis folgos o vindeiro curso político, súmate a nós!