Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Galiza Nova presente na Festa da Fraga!

Nova: Galiza Nova presente na Festa da Fraga!
02/08/2010

Un ano máis Galiza Nova colocou un posto de distribución de material na Festa da Fraga (As Pontes) Militantes e simpatizantes da nosa organización aproveitaron tamén para colocar cartaces das diferentes campañas que no último ano realizamos, así como para despregar unha faixa en defensa do galego, como podedes ver nas fotografías. O esforzo realizado por parte da militancia e simpatizantes de Galiza Nova que ata alí se desprazaron contribuíu á visibilización de Galiza Nova nesta concorrida festa popular, xa que ata o posto achegáronse numerosos mozos e mozas para coñercer  máis de perto a nosa organización!