
Galiza Nova na comarca de Ferrolterra organiza un concurso musical de pop-rock en galego no cal poderán participar todos aqueles grupos cuxos integrantes teñan idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos e estexan censados nos concellos que integran a comarca. Con esta actividade queremos demostrar que as mozas e mozos galegos sobranos talento e que queremos que a nosa lingua estexa presente tamén no eido musical. Haberá diferentes e importantes premios para as e os gañadores. Para participar non tes máis que cubrir o formulario que che indicamos a continuación e envialo a narongalizanova@gmail.com. Descargao xa e vén con Galiza Nova a desfrutar da música en galego!