Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Galiza Nova colaborará no Xantar de entrega do V premio Día da Galiza Mártir

Nova: Galiza Nova colaborará no Xantar de entrega do V premio Día da Galiza Mártir
13/08/2010

Un ano máis Galiza Nova participará dos actos organizados con motivo da celebración do Día da Galiza Mártir. Desta volta a nosa organización colaborará no Xantar entrega do V premio Día da Galiza Mártir á recuperación da memoria histórica ás mocidades do Estatuto do 36, unha homenaxe ás Mocidades Galeguistas a que ás e os mozos de Galiza Nova non podíamos faltar como lexítimos herdeiros e continuadores do seu traballo político que somos. Así, este xantar que terá lugar o vindeiro martes 17 de agosto a partir das 14:00 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra, terá como homenaxeados a Isaac Díaz Pardo, Fco. Fernández del Riego, Xaime Illa Couto e Avelino Pousa Antelo, realizando Galiza Nova a entrega dun dos premios.  Terá un prezo de 15 € para menores de 30 anos e de 20 € para o resto de asistentes e podes anotarte antes do luns 16 de agosto no nacional@galizanova.org. Asimesmo, ás 20:30 horas no acto político que terá lugar na pontevedresa praza de Curros Enríquez poderás achegarte a coñecer máis de perto a nosa organización no posto que Galiza Nova colocará para a ocasión. Agardámoste!

 

A continuación amosámosche a programación completa dos actos:

 

17 de agosto: Día da Galiza Mártir

 

- 13:00 h. HOMENAXE INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE POIO A ALEXANDRE BÓVEDA.

 No monumento a Alexandre Bóveda na Caeira en Poio.
 
 Intervirán:
 - Luciano Sobral (Alcalde de Poio)
 - Xosé Luís Bóveda (Vicepresidente da Fundación A. Bóveda e fillo de A. Bóveda)
 - Amalia Bóveda (En representación da Familia)

 

- 14:00 h. XANTAR DE ENTREGA DO V PREMIO DIA DE GALIZA MÁRTIR Á RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA ÁS MOCIDADES DO ESTATUTO DO 36 (Isaac Díaz Pardo, Fco. Fernández del Riego, Xaime Illa Couto e Avelino Pousa Antelo). Galiza Nova fará entrega dun dos premios coomo recoñecemento ao compromiso e ao esforzo de toda unha xeración de mozas e mozos nacionalistas que loitaron polos dereitos políticos de Galiza. Terá un prezo de 15€ para menores de trinta anos e de 20€ para o resto de asistentes. Anotarse no nacional@galizanova.org antes do luns 16 de agosto.

 

- 19:00 H. ACTO CÍVICO DIANTE DO SARTEGO DE ALEXANDRE BÓVEDA

 No Cemiterio de San Amaro (Pontevedra). Intervirá Camilo Nogueira.

 

- 20:30 ACTO POLÍTICO

 Na Praza de Curros Enríquez diante do monumento a Bóveda (Pontevedra).
 Intervirá: Miguel Anxo Fernández Lores (Alcalde de Pontevedra)

 

- 21:30 H: PINCHO DE GALIZA NOVA

Ao remate do acto político, no Cafetín pincho de Galiza Nova con militantes e simpatizantes. Intervirán: Lidia Salgueiro (Resp. Comarcal de GN) e Bieito Lobeira (Deputado no Parlamento Galego). Anotarse antes do luns 16 en gnpontevedra@hotmail.com ou chamando ao 646845559.