
Como xa vén sendo habitual o pasado venres 20 de agosto Galiza Nova estivo presente na romaría que como cada ano se celebra no Naseiro (Viveiro). Aproveitando que esta festa congrega a centos de mozas e mozos de todos os recunchos do país, e sobre todo da comarca da Mariña, distribuímos material para dar a coñecer á nosa organización e, como cada ano, editamos un novo colante en defensa do galego que foi distríbuído masivamente. Foron moitas as mozas e mozos que se achegaron para coñecer máis de perto á nosa organización e desfrutar da festa con Galiza Nova, iso si, ao berro de: Naseiro en galego!