Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Roteiro en defensa do río Eo

Nova: Roteiro en defensa do río Eo
26/08/2010

O vindeiro domingo, día 5 de setembro, Galiza Nova participará do roteiro reivindicativo organizado pola Plataforma en defensa do Eo, da que a nosa organización forma parte. A camiñata partirá de Ponte de Mende ata Os Cangos, na localidade de Ribeira de Piquín, e con ela queremos amosar, unha vez máis, o noso rexeitamento á construción dunha minicentral hidroeléctrica no río Eo. É esta unha iniciativa que de levarse a cabo suporá danos na riqueza cultural e patrimonial deste río, así como graves consecuencias sociais e ambientais para Ribeira de Piquín e as súas mozas e mozos como futuro que son desta localidade. Anótate antes do día 1 de setembro no teléfono:  699-809-842 ou a través do enderezo electrónico plataformasalvemosorioeo@gmail.com

 

A continuación podes ver a programación completa da xornada:

 

ROTEIRO REIVINDICATIVO “O EO TAMÉN É TEU!”, DOMINGO 5 DE SETEMBRO:

 

- Saída de autobuses ás 8:30 horas desde A Pontenova (Praza dos Fornos) e Meira (Praza Maior)

 

- Comezo do roteiro ás 9:00 horas desde Ponte de Mende.

 

-  Chegada estimada ás 14:00 horas. Leitura dun manifesto e xantar popular na praia fluvial do Chao do Pousadoiro, prezo: 10€.