Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Galiza Nova na 34ª edición da Festa do Avante!

Nova: Galiza Nova na 34ª edición da Festa do Avante!
26/08/2010

Un ano máis Galiza Nova participará, xunto co BNG, desta nova edición da Festa do Avante, a festa do Partido Comunista Portugués. Como xa vén sendo tradición, os vindeiros días 3, 4 e 5 de setembro na Atalaia, Amora e Seixal, participaremos deste evento no lugar reservado para o espazo internacional, a través da colocación dun stand. Haberá música, libros, discos, material da organización e pola noite a tradicional festa galega! Arredor de 15 militantes de diferentes comarcas do país conformarán a delegación de Galiza Nova, que xunto coa militancia presente do BNG servirá para dar a coñecer a realidade política de Galiza, así como para continuar a estreitar as nosas relacións co Partido Comunista Portugués e con outras organizacións presentes neste evento. Se desexas coñecer máis da festa do Avante vai a www.festadoavante.pcp.pt.