Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Vén con Galiza Nova a disfrutar das XXII Xornadas de Verán!

Nova: Vén con Galiza Nova a disfrutar das XXII Xornadas de Verán!
01/09/2010

Un ano máis Galiza Nova celebra unha nova edición das Xornadas de Verán. Na súa XXII edición, terán lugar na comarca do Morrazo, nos días 24, 25 e 26 de setembro. A través delas, desde a nosa organización queremos contribuír á descoberta e ao coñecemento máis en profundidade da realidade da nosa nación. Así, as e os asistentes poderán disfrutar de actividades diversas, convivio, formación e tamén lecer. O prezo da inscrición é de 22€, incluíndo os desprazamentos en autobús ata o Morrazo e durante os 3 días, manutención, actividades, aloxamento e tamén a camisola propia de Galiza Nova. Para anotarte só tes que enviar un correo ao nacional@galizanova.org antes do día 20 de setembro (17 se pertences a Galiza Nova). Agardámoste! A continuación podes visualizar o programa completo das Xornadas e, se o desexas, podes descargar o cartaz:

 

 

Programa Xornadas de Verán no Morrazo.

(24,25,26 de setembro de 2010).

VENRES 24.

17:30 – Chegada do bus a Moaña. Montaxe da durmida.

18:15 – Recepción e benvida en Moaña.

20:30 – Charla- coloquio “Economía, ecoloxía e urbanismo en Galiza. Unha ollada dende o Morrazo”

22:00 – Cea

23:30 – Festa Concerto.

 

SÁBADO 25.

11:00- Roteiro en Cangas “Introducción á historia de Cangas e da comarca do Morrazo”.

12:00- Visita ao Hío/ Aldán/ facho de Donón.

14:00- Xantar no Lago de Castiñeiras (Marín).

Ata ás 17:00 esparcemento.

17:30- Visita ao Parque Multiaventura.

21:00- Cea en Marín.

22:30- Saída nocturna celebrando o San Migheleiro (Marín).

 

DOMINGO 26

11:00 Visita ao museo Massó e visionado de documental.

13:30 Homenaxe a Johan Carballeira, alcalde nacionalista do 36, coa intervención do Alcalde de Bueu, familiares, a Asociación de Amigos de Johan Carballeira e a Secretaria Xeral de Galiza Nova.

14:30 Xantar.

16:30 Regreso a Santiago.

 

Descarga de documentos: