
Galiza Nova na comarca da Coruña organiza o vindeiro sábado 18 a partir das 11:00 horas un acto de homenaxe a Pedro Galán Calvete. Comezará cunha ofrenda floral no Cemiterio de Santo Amaro (Monte Alto, A Coruña) para logo dirixírmonos ata a Praza Indalecio Prieto, onde realizaremos unha lectura de poemas e contaremos coas intervencións de Pedro Galán Horro (sobriño de Galán Calvete), Xosé Manuel Carril (candidato do BNG á alcaldía da Coruña) e Alberte Fernández Mariño (Responsábel Local de Galiza Nova) Desde Galiza Nova queremos lembrar con este acto a memoria de todas e todos os nosos mártires, mais especialmente a quen foi Secretario de Organización das Mocidades Galeguistas da Coruña e membro do seu Consello Nacional, e que morreu asasinado aos 19 anos por defender a Galiza e a liberdade. Agardámoste! A continuación podes visualizar o tarxetón de convite.