
O pasado 6 de setembro nacía unha nova plataforma en defensa dos medios de comunicación en galego. Diversos persoeiros do mundo da cultura do noso país e tamén xornalistas poñen en marcha esta iniciativa ante o recente peche de medios de comunicación en galego. Desde Galiza Nova saudamos esta iniciativa polo que supón de defensa da nosa lingua e que vén a denunciar a inacción e a falta de vontade política do goberno galego para o seu impulso neste ámbito, unha mostra máis do carácter antigalego do PP na Xunta de Galiza. Convidamoste a que asines xa o manifesto Os medios en galego importan.