
Galiza Nova presentou públicamente ante a prensa, xunto coa fundación Galiza Sempre a programación do Festigal 09. Na rolda tamén participaron integrantes dos grupos musicais Som do Galpom e Os John Deers ( que actuarán o 24 ) e Xavier Díaz. Tal e como afirmou Iria Aboi “ o Festigal é un evento que ofrece un amplo abano de actividades, que intenta combinar os aspectos máis lúdicos, o debate etc” e en relación a esta vertente máis formativa destacou “ que este ano a Galería das Ideas acolle unha serie de charlas de plena actualidade, como son a situación do galego, os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, a UE e a Crise económica ou o estado da música galega”. Así mesmo a Secretaria Xeral de Galiza Nova sinalou “ que as temáticas que se tratarán son de especial interese para a xente nova e convidan á acción, á mobilización e non só á reflexión”. Vai a ler máis para coñecer máis detalles.
En www.festigal.com atoparás toda a información referida ao Festigal 09 ( como chegar, onde durmir...) lembra que tamén podes participar dos traballos de organización do mesmo mandando un mail ao nacional@galizanova.org. Vémonos en Compostela o 24 e 25 de xullo!