Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Cheo contra a guerra de Libia no acto de Galiza Nova na USC!

Nova: Cheo contra a guerra de Libia no acto de Galiza Nova na USC!
01/04/2011

                                                                                                                    

 

 

 

O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, e o Profesor Santiago Jiménez participaron o pasado mércores dun acto organizado por Galiza Nova baixo o nome “As razóns do non á guerra de Libia”, na Facultade de Cc. Políticas da USC.

 

Neste acto ambos os dous relatores aportaron na súa intervención toda unha serie de argumentos que avalan o “NON” rotundo á intervención militar en Libia, que o nacionalismo galego ten amosado non só a través da súa votación no Congreso dos Deputados senón a través de diversos actos coma as concentracións convocadas nas 7 cidades galegas. Así, tal e como sinalou Guillerme Vázquez “son os pobos os que teñen que decidir sobre o seu futuro e non as potencias estranxeiras”, en alusión directa á guerra en Libia.

 

A Secretaria Xeral de Galiza Nova, Iria Aboi, concluíu lembrando os pricipios do pacifismo e do antiimperialismo que sempre teñen movido ao nacionalismo galego e en particular as mozas e mozos nacionalistas, lembrando que a guerra do 2003 no Iraque, hai agora 7 anos "fíxose baixo os mesmos intereses expúreos das potencias imperialistas".

 

Na galería de fotos podes ver as imaxes do acto, que reuniu a moitas mozas e mozos que participaron dun interesante coloquio.  Nos vindeiros días haberá máis actos coma este noutros campus do País dos que te iremos informando. Agardámoste!