Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Galiza Nova apoia o proxecto Sermos Galiza

Nova: Galiza Nova apoia o proxecto Sermos Galiza
29/09/2011

Galiza Nova apoia o proxecto Sermos Galiza, unha iniciativa social destinada á creación dun grupo de comunicación propio, desde Galiza e en galego. A ninguén se lle escapa que desde a chegada do goberno presidido por Núñez Feijóo o panorama comunicativo galego sufriu importantes cambios que conlevaron o peche de xornais que promovian a nosa lingua e cultura e que ten como consecuencia a diminución da pluralidade informativa.

 

Desde a nosa organización, preocupados por esta situación, vimos de apoiar este proxecto que nace coa vontade de converterse nun referente da información en galego, contribuíndo á dignificación da nosa lingua propia e que supón unha nova ollada desde Galiza e para as e os galegos, moi positiva nos tempos que corren.

 

Para facerte con máis información acerca das súas actividades e iniciativas entra en http://sermosgaliza.blogspot.com.