Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Xornada de recoñecemento a Lois Diéguez

Nova: Xornada de recoñecemento a Lois Diéguez
13/11/2009

Galiza Nova participará o vindeiro sábado 14 en Lugo na xornada, que baixo o título A historia que fixemos, pretende ser unha homenaxe e recoñecemento á figura de Lois Diéguez. Este acto dará comezo ás 16:30 no salón de actos da Deputación de Lugo e esta conformado por diversas charlas, mesas redondas, actuacións musicais e unha recreación poética. A nosa organización foi convidada a participar a través dunha intervención da Secretaria Xeral, na charla-coloquio que leva por nome Coa mirada en Galiza, e que quere destacar a implicación política e a relación de Lois coas diferentes organizacións do nacionalismo.

 

Dende Galiza Nova quremos amosar unha vez máis o noso agradecemento a Lois Diéguez, militante de honra da organización, polo seu apoio e colaboración constante co noso traballo. Así mesmo animámoasvos a asistir a esta cita, que ademais de facer un percorrido polas actividades nas que Lois colaborou servirá para analizarmos o traballo feito e o que fica por levar adiante.