Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Acto en Valdeorras

Nova: Acto en Valdeorras
13/11/2009

Acto en Valdeorras

O vindeiro sábado 14 de novembro, Galiza Nova na Comarca de Valdeorras organiza en colaboración co BNG unha mesa redonda que analizará as perspectivas comarcais en relación a violencia contra as mulleres. O acto terá lugar ás 19:00h na Sala Multiusos do Concello de A Rúa, e no mesmo participarán.

-Cristina Paz Elías, Xurista e con un Máster en Violencia de Xénero pola Universidade de Vigo.

-Raquel González Ferrón, Pedagoga e Axente de Igualdade de Oportunidades e membro da Asemblea de Mulleres

-Xoaquín Pérez Fernández, Tenente de Alcalde da Rúa e concelleiro de Servizos Sociais do Concello de A Rúa de Valdeorras, BNG.

-Eduardo Gómez Vidal, Médico do Servizo de Urxencias do Hospital Comarcal de Valdeorras.

 

Non fiques na casa, contamos coa túa aistencia!