
Galiza Nova quere amosar o seu apoio á moza e os tres mozos acusados de destruir no ano 2005 un adorno floral co ilegalizado topónimo de “ La Coruña”. Neste sentido A Secretaria Xeral e varias/os militantes da nosa organización asistiron tanto a concentración de protesta como ao xuízo celebrados o luns 16 de novembro con motivo das acusacións realizadas sobre estas persoas. O proceso iniciado en relación con estes feitos vén de engrosar a lista de ataques e agravios contra a nosa lingua; pois a desproporción entre o feito xulgado e a petición da Fiscalía, agocha unha intencionalidade clara de castigar de xeito exemplarizante calquera mostra de protesta vinculada a esixencia do uso do nome real e legal da cidade.