
Galiza Nova vén de participar na constitución da “Plataforma a prol da modernización da infraestrutura e dos servizos ferroviarios”, xurdida na comarca de Ferrolterra para dar resposta ao desleixo do goberno español en materia ferroviaria.
A táboa reivindicativa inicial incluía as esixencias ao Ministerio de Fomento de executar as obras de duplicación da vía entre a Ponte das Cabras e a estación de Ferrol, a licitación do tramo Ferrol-Betanzos, a reclamación do by pass para salvar a estación de Betanzos Infesta ou os accesos ao porto interior e ao polígono do Río do Pozo, entre outras cuestións.
Pola súa banda, Galiza Nova solicitou a potenciación de novos servizos Ferrol-Santiago, nomeadamente nas fins de semana, cando hai máis movemento de estudantado, así como tamén a implantación do billete único tren/bus, o aumento das frecuencias Ferrol-A Coruña, o mantemento das paradas actuais en núcleos pequenos e a adecuación do tipo de tren ás horas de maior demanda.