Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Galiza Nova de Ordes critica o retraso na tramitación das axudas por desprazamento a estudantes

Nova: Galiza Nova de Ordes critica o retraso na tramitación das axudas por desprazamento a estudantes
19/11/2009

A organización xuvenil do BNG lamenta que o alcalde, Manuel Regos, non considere prioritario o apoio aos estudantes do concello. Galiza Nova de Ordes quere amosar a súa preocupación xa que a día de hoxe o goberno municipal non ten feito a convocatoria de axudas por desprazamento a estudantes, cando en anos anteriores, por estas datas, xa tiña finalizado o prazo de presentación de solicitudes.

Estas axudas beneficiaban a un gran número de persoas, xa que podían ser solicitadas por todos aqueles estudantes de ensino secundario obrigatorio, bacharelato, ciclos formativos e universitarios que tiveran o seu centro de ensino a máis de 4 km do lugar de residencia.

Para a organización xuvenil nacionalista é indispensábel que esta medida de apoio aos mozos e mozas do concello se manteña, non só porque se trata dunha das únicas iniciativas do goberno municipal para a mocidade, senón porque é agora, nun contexto económico marcado pola crise, cando os máis novos necesitan máis apoio e colaboración para poder continuar cos seus estudos.