Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Galiza Nova presenta a nova Dirección Comarcal na Costa da Morte

Nova: Galiza Nova presenta a nova Dirección Comarcal na Costa da Morte
19/11/2009

Galiza Nova presenta a nova Dirección Comarcal na Costa da Mort

Galiza Nova na Costa da Morte vén de celebrar en Cee a súa Asemblea Comarcal de renovación dos seus máximos órganos de dirección na comarca. Deste xeito, a militancia chamada á asemblea decidiu que Mario Maceiras Dosil revalide o cargo de Responsábel Comarcal durante o próximo bienio, prolongando asi o mandato que iniciara no ano 2007. Na presentación pública desta Dirección Maceiras manifestou a súa total confianza en que o periodo que se abre "debe servirnos para converter á nosa organización en útil e referencial para miles de mozas e mozos da Costa da Morte, pois é un colectivo case carente de apoios e que na nosa comarca sufre unha dobre discriminación; unha, polo feito de residir nunha zona historicamente deprimida e desatendida; e outra, por tratarse da mocidade, o que nos leva a soportar dun xeito aínda máis incisivo os dramas do desemprego ou a emigración”. O Responsábel Comarcal tamén salientou que "en adiante os nosos esforzos débense encamiñar a contarmos con presenza no 100% dos concellos, e pode que en moi pouco tempo este obxectivo se convirta nunha realidade"