
Galiza nova do Baixo Miño apoiará este 29 de novembro o acto na honra dos mártires de Sobredo (Guillarei-Tui), que está organizado pola Confederación Galega de Asociacións Veciñais 'Rosalía de Castro' e máis a Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, neste ano, conmemórase o 86 cabodano.
O Acto comezará ás 11:00 h. coma tódolos anos coa concentración na Carballeira de San Xosé (Sobredo), para logo subir a pé ata o monumento conmemorativo ás 11:30 h.
Desde Galiza Nova, animamos a todos os mozos e mozas da comarca miñota e dos arredores a asistir a este acto, para que asesinatos coma este non volvan suceder.
Asimismo, organízase un xantar. O custe é de 10 €, e pódese anotar no 678 354 736 ou no correo galizanovabaixominho@hotmail.com