Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Acode aos actos públicos sobre os procesos de soberanía nas nacións europeas.

Nova: Acode aos actos públicos sobre os procesos de soberanía nas nacións europeas.
21/02/2013

 

Desde Galiza Nova animámoste a participar nos actos públicos organizados polo BNG baixo o título "Os procesos de soberanía das nacións europeas” onde se analizarán as situacións políticas que están a vivir distintas nacións en Europa.

 

  • — O proceso de independencia de Escocia: o eurodeputado do Scottish National Party, Ian Hudghton, analizará o proceso que se está a producir en Escocia este venres 22 de febreiro,ás 19:30h, no Museo de arte contemporánea de Vigo.

     

  • — O dereito a decidir de Catalunya: o President de Esquerra Republicana de Catalunya, Oriol Junqueras, compartirá este sábado 23, ás 11:30h no Hotel Araguaney, Santiago, o proceso soberanista que está a vivir Catalunya.

 

Nestes encontros intervirán tamén o Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez, xunto coa nosa eurodeputada Ana Miranda, ademais de Jill Evans e François Alfonsi, eurodeputados de Plaid Cimru (Wales) e do Partitu di a Nazione Corse,