
Desde Galiza Nova chamamos á mocidade galega a mobilizarse este venres 22 nas concentracións pola soberanía nacional, o dereito ao traballo, á igualdade e aos servizos públicos; e que terán lugar nas sete cidades galegas.
Galiza Nova, xunto a diversas organizacións sociais, estudantís e sindicais do nacionalismo, convocamos as mobilizacións deste venres para demandar, unha vez máis, soberanía e liberdade para Galiza, así como o inicio dun proceso constituínte e de ruptura democrática para construír un futuro diferente para as mozas e mozos da Galiza.
Nestas concentracións, nas que tamén se denunciará a corrupción e a destrución social e cultural do noso pobo que practican os partidos do poder, anunciarase a convocatoria dunha manifestación nacional pola soberanía nacional para vindeiro 3 de marzo en Compostela, ás 12h desde a Alameda.
Aquí tes os horarios e lugares das concentracións en todas as cidades galegas este venres ás 22 de febreiro, excepto en Pontevedra, que será o vindeiro martes:
— A Coruña, ás 20h diante da Subdelegación do Goberno (Avda. Da Mariña).
— Ferrol: ás 20h diante da sede do PP.
— Lugo: ás 20h diante da sede do PP (Rúa Poeta Ramón Cabanillas).
— Santiago: ás 20h diante da sede do PP (Rúa Alfredo Brañas).
— Ourese: ás 20h diante das sede do PP (Rúa do Progreso).
— Vigo: ás 19h diante do Museo de Arte Contemporánea (Rúa do Príncipe).
— *Pontevedra: martes 26 ás 20:30h na Praza da Peregrina.