
Desde Galiza Nova chamamos á mocidade galega a mobilizarse este martes 26 en defensa da universidade pública galega e contra os restritivos orzamentos da Xunta de Galiza, dirixidos a afogar e arruinar a nosa universidade. Este martes 26 será tamén o día en que estes lesivos orzamentos do Partido Popular se debaterán e se someterán a votación no Parlamento de Galiza.
Participa con Gaiza Nova nas mobilizacións convocadas por organizacións estudantís, sindicais, colectivos de PAS e profesorado para este martes 26 de febreiro.
Aquí tes os lugares e horarios das mobilizacións:
-Santiago: Manifestación ás 13:00h desde o Toural até o Parlamento.
-A Coruña: Concentración ás 13:30h na rotonda do campus de Elviña.
-Ferrol: Concentración ás 13.30h diante da Facultade de Humanidades (Esteiro).
-Vigo: Concentración diante da Reitoría ás 13:00h.