
Desde Galiza Nova chamamos á mocidade galega a mobilizarse este domingo 3 de marzo contra ao réxime corruPPto que nos goberna e para reivindicarmos a soberanía nacional como paso indispensábel para saírmos da crise.
Galiza Nova impulsa xunto a diversas organizacións galegas a convocatoria desta manifestación nacional para denunciarmos novamente aos gobernos galego e central do Partido Popular, que lexislan en prexuízo da mocidade galega e das maiorías sociais e en beneficio dos mercados e dos especuladores, dos grandes empresarios, defraudadores e corruptos.
Baixo o lema “Abonda xa de de corrupción e de destrución social e cultural! Polo dereito ao traballo, á igualdade, aos servizos públicos e á plena soberanía nacional galega”, percorreremos as rúas de Compostela contra a corrupción e pola a soberanía nacional para Galiza como única vía para decidir por nós mesm@s, defender os servizos públicos, o traballo digno e un futuro con xustiza social.