Benvidos á paxina web de Galiza Nova

O estudantado recibiu a Pilar Rojo na UdC ao berro de "Menos PPropaganda, e máis educación!"

Nova: O estudantado recibiu a Pilar Rojo na UdC ao berro de "Menos PPropaganda, e máis educación!"
04/03/2013

Estudantes da universidade da Coruña recibiron á Presidenta do Parlamento ao berro de "Menos PPropaganda e máis educación!" á vez que amosaron carteis con este e outros lemas como "Os vosos sobres, os nosos recortes!". O estudantado denunciou o autoconvite de Pilar Rojo á inauguración dunha exposición na entrada da facultade sobre a arquitectura do Parlamento galego, o mesmo que ela blinda para que o pobo non poida participar nel e porque é cómplice directa dos recortes e trabas coas que o Partido Popular está a estrangular ao estudantado galego.

 

Tamén a semana pasada a mocidade expulsou da facultade de Ciencias Políticas de Santiago a Ovidio Rodeiro, Director Xeral de Xuventude da Xunta de Galiza, tamén cómplice da situación lamentábel á que o PP somete á universidade pública.

 

Fóra o PP da Universidade!