Benvidos á paxina web de Galiza Nova

As mozas galegas o motor do País. Que non nos paren! Mobilízate o 8 de Marzo.

Nova: As mozas galegas o motor do País. Que non nos paren! Mobilízate o 8 de Marzo.
06/03/2013

Galiza Nova sairá á rúa este 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, contra esta crise que ataca directamente ás mozas galegas, cuxa situación se ve día a día fortemente agravada polas políticas dos gobernos do Partido Popular.

 

Desde Asemblea de Mulleres de Galiza Nova chamamos á mocidade galega a mobilizarse nas concentracións e manifestacións comarcais con motivo do 8 de marzo. Baixo o lema As mozas galegas, o motor do país: que non nos paren! realizaremos múltiples actos en distintos puntos do país (proxeccións, coloquios, lecturas de versos de Rosalía, roteiros reivindicativos…) e sairemos á rúa para denunciar as reformas e situación laborais das mozas galegas que nos apartan intencionadamente do mundo do traballo ao mesmo tempo que nos condenan á emigración. Neste 8 de marzo imos denunciar, novamente, as medidas reaccionarias e machistas do Partido Popular contra os dereitos socio-laborais e reprodutivos das mulleres, dirixidas a profundizar o sistema patriarcal. Desde Galiza Nova chamamos ás mozas galegas a reaxir na defensa dos nosos dereitos.

 

Acode ás mobilizacións do Día Internacional das Mulleres. Que non nos paren!

 

Aquí tes os lugares e horarios das mobilizacións comarcais deste venres 8 de marzo:

 

A Coruña: ás 20:00h concentración no Obelisco.

Compostela: ás 20.00h concentración na Praza 8 de Marzo (San Pedro).

Ferrol: ás 20.00h concentración no Cantón.

Lugo: ás 12:00h concentración na rúa Ramón Ferreiro (diante do Hotel Lugo).

Ourense: ás18.30h representación reivindicativa na Rúa do Paseo, diante de novagalicia banco.

Vigo: ás 20:00h manifestación dende a Praza de Portugal até a Porta do Sol. Acompañada da actuación musical de Ses e posteriormente, festa feminista no Bar Cabiria.

Cee: ás 19.00h concentración na Praza 8 de Marzo. Posteriormente, festa na Bombonera.