
Enmarcado na campaña que baixo o lema “A nosa lingua, a nosa nación. Autodeterminación! que Galiza Nova está realizar ao longo do país, terá lugar un acto reivindicativo o venres 4 de decembro ás 16:oo na Praza da Constitución de Santiago (detrás do Parlamento).
Esta actividade consistirá na sustitución da actual praca que recolle o nome de “Praza da Constitución” por outra co nome de “ Praza da Autodeterminación”. Así mesmo procederase á “Inauguración Oficial”da nova praza coa intervención de Iria Aboi, Secretaria Xeral de Galiza Nova, o corte da tradicional banda e o canto do himno de Galiza con acompañamento musical.
Con este acto Galiza Nova quere poñer de manifesto unha vez máis que a día de hoxe as galegas e galegos seguimos sen ser libres para decidir o noso futuro. A Consitución Española nega a existencia da nación galega e polo tanto impide que poidamos desenvolver políticas propias a nivel económico, social, lingüístico ou cultural sen inxerencias alleas á propia vontade do pobo galego. As mozas e mozos galegos non imos celebrar unha constitución sacralizada polo PP e polo Psoe que despois de máis de 30 anos só serve para agravar os nosos problemas.