Correo
Menú
Novas
Organización
Asemblea de Mulleres
Documentos
Opinión
Convocatórias
Manifestos
Descargas
Imaxes
Tenda virtual
Ligazóns
Enquisas
Contacta con nós
Escrebe-nos
Webmasters
Actualizacións
Boletín de novas
Enderezo electrónico:
Nome:
Apelido:
Engadir
Borrar
Pesquisa
Novas
Descargas
Outros idiomas
English
Catalá
Euskaro
Française
Deutsch
Castellano
Asunto:
Texto:
Como ben saberán, o próximo domingo 29 de maio, precedido de toda unha serie de actos, celebrarase na cidade galega da Coruña un desfile militar para conmemorar o chamado Día de las Fuerzas Armadas españolas, invento franquista mediante o que se pretende louvar a institución militar e os seus valores e amosar diante da sociedade a maquinaria bélica con que conta o Estado español. Como cidadá/cidadán que comparte os valores da paz, do diálogo, da non violencia e da resolución civilizada dos conflitos entre os pobos e habitante deste país, Galiza, que vostedes aspiran a gobernar a partir do próximo 19 de xuño, quérolles facer chegar o meu desacordo e malestar coa celebración dun acto reseso en significado e parafernalia, absolutamente impropio dun tempo de paz e ilóxico no noso contexto. Quérolles amosar o meu malestar coa decisión de escoller unha cidade do noso país como escenario desta “celebración”: A súa celebración na Coruña é unha imposición antidemocrática contra a cidadanía galega, unha nova agresión contra os nosos dereitos nacionais, unha provocación para un pobo, e nomeadamente para un país que xa ten manifestado reiteradamente a súa oposición ao militarismo e á guerra, e ademáis un gasto despilfarrador, innecesario e incoerente. Porén, quizá sexa precisamente ese exército “defensivo” e “non agresivo” que grazas aos señores militantes do seu partido Bono e Vázquez vai desfilar polas rúas dunha cidade galega o próximo 29 de maio aquel do que máis nos teñamos que protexer; o que representa para nós unha ameaza maior: cando menos, iso é o que deixa entrever a Constitución Española no seu artigo 8º.: “Las Fuerzas Armadas, constituidas por el Ejército de Tierra, la Armada y el Ejército del Aire, tienen como misión garantizar la soberanía e independencia de España, defender su integridad territorial y el ordenamiento constitucional.” Como cidadá/cidadán plenamente libre e consciente véxome na obriga de amosarlles o meu desacordo co exaxerado custo económico que terá este desfile e toda a manchea de actos que o van acompañar; na obriga de denunciar o contraditorio do seu discurso a respecto das guerras e do militarismo: retiran cosmeticamente as tropas do Iraque pero garanten o seu papel de forza de ocupación en Haití ou Afeganistán, non reducen os orzamentos militares e falan da paz e dunha política de defensa non agresiva pero, iso si, seguen sacando a maquinaria bélica á rúa para deixaren “clariño”, polo si ou polo non, que velaí segue un exército “armado até os dentes” disposto a facer cumprir aquilo “da unidade inqubrantábel da patria común e indivisíbel de todos os españois”. A serio que esta é a idea que teñen vostedes da “España plural”? É isto todo, ou sequera parte, do que lle teñen que ofrecer ao pobo galego? Señoras e señores do Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE: pídolles que trasladen no meu nome ao goberno estatal que sustenta o seu partido a non celebración do Día de las Fuerzas Armadas españolas na cidade galega da Coruña o próximo 29 de maio. Créanme, non necesitamos a súa defensa.
Atte.:
Correo Electrónico: